top of page

EINIACA 15

 

  O Encontro Internacional de Novos Investigadores en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (EINIACA) é a primeira actividade que se organiza dende ARCIAN. O evento levarase a cabo na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela durante os días 10, 11 e 12 de xuño de 2015. Este encontro está aberto a tódolos novos investigadores interesados nos eidos da Arqueoloxía, a Prehistoria e a Historia Antiga e aos afeccionados e interesados nas mesmas, e nel disertarase e debaterase sobre as investigacións dos seus participantes. A tecnoloxía protohistórica na Península Ibérica, os mitos e ritos da Grecia antiga e o pensamento romano conformarán as cuestións sobre as que reflexionar nas mesas temáticas, namentres que nas sesións libres expoñeranse comunicacións que abrangan asuntos máis amplos relacionados coa Península Ibérica prehistórica e protohistórica, Grecia e Roma.

 

  Dende ARCIAN convidámolos a participar no evento presentando as súas propostas, segundo o calendario e as condicións que se sinalan no seguinte enlace (pulse na imaxe) e aos afeccionados non investigadores asistindo coma público ás xornadas.

 

 

Charla-Coloquio impartida por Leticia Tobalina (Univ. de Navarra/UPPA) e Alain Campo (UPPA), "La presencia de material romano en las cuevas: aproximación al caso de los Pirineos Occidentales. Metodología y primeros resultados de un proyecto transfronterizo" 

 

Data: mércores 21 de outubro de 2016

Hora: 10:00 a 11:00

Lugar: Seminario de Historia Antigua da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela

Organizan: ARCIAN e Departamento de Historia I da USC 

  

Charla-Coloquio

Curso Formativo.

Técnicas de rexistro e interpretación da Arte Rupestre

ARCIAN colabora no I Curso Formativo sobre Técnicas de registro e Interpretación del Arte Rupestre, organizado polo Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.

 

Data: 11-13 de marzo de 2016

Hora: Ver imagen inferior, horario detallado.

Lugar: Parque Arqueolóxico en Campo Lameiro (Pontevedra).

Organiza: Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. 

 

Pulse na imaxe para máis información 

 

 

 

  • Facebook Clean Grey
  • Google+ Clean Gris
  • Twitter limpio gris

Únete a nós en/Únete a nosotros en/Join us on:

Facultade de Xeografía e Historia,
Praza da Universidade, Nº 1

15782

Santiago de Compostela, A Coruña

 

¡Tus datos se enviaron con éxito!

bottom of page