top of page
XUNTA DIRECTIVA

   ARCIAN xorde do desexo e esforzo dun grupo de estudantes en etapa predoutoral que pretende investigar e difundir o noso pasado. Os membros que compoñen o comité organizador son: 

 

 

  • Alia Vázquez Martínez: Licenciada en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela (USC), no ano 2012, coas especialidades de Historia da Arte Antiga e Medieval, Patrimonio Artístico e Historia da Arte Moderna. Trala licenciatura, cursou o Máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade na Universidade de Santiago de Compostela, con especialidade en Prehistoria, que completou no ano 2013 traballando no eido dos petróglifos galaicos. Tendo participado en varios congresos nacionais e internacionais, actualmente dedícase a cursala súa tese doutoral, na que amplía o tema inicial do seu Traballo de Fin de Máster, dirixida polo Dr. Ramón Fábregas Valcarce e o Dr. Carlos Rodríguez Rellán na Universidade de Santiago de Compostela (USC). https://usc-es.academia.edu/AliaVázquez

 

  • Benito Vilas Estévez: Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 2010 coas especialidades de Arqueoloxía, Antiga e Prehistoria. Estudou un curso académico en Portugal no ano 2009/2010 na Universidade Nova de Lisboa. Trala licenciatura participou en diversos congresos nacionais e internacionais. No ano 2012 comezou o Máster da Universidade de Gales Trinity Saint David (UWTSD) en Cultural Astronomy and Astrology, e no 2014/15 realizou o Máster da USC de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade. En ambos casos os seus Traballos Fin de Máster, versaron sobre a arqueostronomía megalítica dende diferentes aproximacións. https://lamp.academia.edu/BenitoVilas

 

  • Rebeca Cordeiro Macenlle: Licenciada en Historia na Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 2012, con especialidade en Historia Antiga e Historia Medieval. Trala licenciatura, cursou o Máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade na Universidade de Santiago de Compostela (USC), con especialidade en Prehistoria e Historia de Gallaecia e do Mundo Clásico, que completou no ano 2013 traballando no eido da teoría política romana na Tardía República. Participando en varios congresos, actualmente dedícase a cursala súa tese doutoral na que amplía o tema inicial do seu Traballo de Fin de Máster, dirixida por Pedro Manuel López-Barja de Quiroga na Universidade de Santiago de Compostela (USC). https://usc-es.academia.edu/RebecaCordeiroMacenlle

 

  • Facebook Clean Grey
  • Google+ Clean Gris
  • Twitter limpio gris

Únete a nós en/Únete a nosotros en/Join us on:

Facultade de Xeografía e Historia,
Praza da Universidade, Nº 1

15782

Santiago de Compostela, A Coruña

 

¡Tus datos se enviaron con éxito!

bottom of page