top of page

Membros da Asociación Cultural de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (ARCIAN) e do Comité Organizador do II Encontro Internacional de Novos Investigadores de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (EINIACA) ofreceron unha rolda de prensa – xunto á concelleira Marta Lois de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo -  na que presentaron o II EINIACA que terá lugar nos días 20, 21 e 22 de xullo na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela.

 

Rebeca Cordeiro e Alia Vázquez, dúas das representantes que acudiron á rolda de prensa, afirmaron: “O Encontro dividirase en varias sesión nas que se analizarán múltiples temáticas, dende a Prehistoria ata a Antigüidade Tardía”. Dende o Comité Organizador de EINIACA16 estipulouse que terán cabida aqueles traballos de alumnos e alumnas que se atopen realizando estudos de Máster e cuxos traballos se atopen relacionados coa temática do Encontro. Ademáis tamén se aceptarán estudantes de doutorado, doutores posteriores ao ano 2013 e aquelas propostas de investigadores que que terminaran unha licenciatura ou grado e un máster, aínda que non pertenzan a ninguna institución académica nin se atopen inscritos nun programa de doutorado.

 

As representantes do Comité tamén afirmaron: “Este Encontro nace ante a necesidade de estimular a investigación nas especialidades de Arqueoloxía, Prehistoria e Historia Antiga, así como para facilitar a acción dos novos investigadores. ARCIAN nace como unha agrupación cultural que fomenta o progreso destas disciplinas e sobre todo dos especialistas noveles. O I EINIACA obtivo un éxito rotundo, xa que acudiron a el máis dun centenar de asistentes, dos cales, un gran número foron investigadores estranxeiros. Polo que os organizadores espera, que a segunda edición continúe na mesma liña.

Foto de los medios allí presentes

Noticia cubierta por los asistentes a la rueda de prensa:

  • Facebook Clean Grey
  • Google+ Clean Gris
  • Twitter limpio gris

Únete a nós en/Únete a nosotros en/Join us on:

Facultade de Xeografía e Historia,
Praza da Universidade, Nº 1

15782

Santiago de Compostela, A Coruña

 

¡Tus datos se enviaron con éxito!

bottom of page