top of page
Comité Organizador
  • Miguel Carrero Pazos (Estudante predoctoral USC): licenciatura en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2011) e Máster en Arqueología y Territorio pola Universidad de Granada (2012). Na actualidade compaxina a realización da súa tese de doutoramento sobre a aplicación de análises matemáticas e estadístico-espaciais para o estudo do fenómeno megalítico galego coa aplicación de ferramentas informáticas para o estudo e representación en 3D tanto da arte megalítica, como da arte rupestre da Idade do Bronce.

     https://usc-es.academia.edu/MiguelCarrero

 

  • Rebeca Cordeiro Macenlle (Estudante predoctoral USC): cursou a Licenciatura en Historia (2012) e o Máster de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (2013) na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente realiza a tese doutoral sobre teoría política na Roma tardorrepublicana.

      https://usc-es.academia.edu/RebecaCordeiroMacenlle

 

  • Mikel Díaz Rodríguez (Estudante predoctoral USC): graduado en Historia (2013) e Máster en Arqueoloxía (2014) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Actualmente compaxina a realización da súa tese doutoral con diferentes actividades e investigacións no marco do GEPN. O seu traballoo xira en torno á aplicación das tecnoloxías xeoespaciais ao estudo do Paleolítico no Noroeste Peninsular.

      https://usc-es.academia.edu/MikelDíazRodríguez

 

  • Alba Antía Rodríguez Nóvoa (Estudante predoctoral USC): licenciada en Historia (2013) e Máster en Arqueoloxía (2014) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Actualmente compaxina a realización da súa tese doutoral con diferentes actividades e investigacións no marco do GEPN. O seu traballo xira en torno á alfarería da zona do Miño da Idade do Ferro.

 

  • Alia Vázquez Martínez (Estudante predoctoral USC): cursou a Licenciatura en Historia da Arte (2012) e o Máster de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (2013) na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente realiza a tese doutoral sobre os gravados rupestres ao aire libre do Noroeste Peninsular.

      https://usc-es.academia.edu/AliaVázquez

 

  • Benito Vilas Estévez (University of Wales Trinity Saint David): Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 2010 coas especialidades de Arqueoloxía, Antiga e Prehistoria. Estudou un curso académico en Portugal no ano 2009/2010 na Universidade Nova de Lisboa. Trala licenciatura participou en diversos congresos nacionais e internacionais. No ano 2012 comezou o Máster da Universidade de Gales Trinity Saint David (UWTSD) en Cultural Astronomy and Astrology, e no 2014/15 realizou o Máster da USC de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade. En ambos casos os seus Traballos Fin de Máster, versaron sobre a arqueostronomía megalítica dende diferentes aproximacións.

     https://lamp.academia.edu/BenitoVilas

 

 

    O Comité Organizador de EINIACA16 está formado por un grupo heteroxéneo de estudantes en etapa predoutoral que pretenden fomentar e impulsar as investigacións dos novos investigadores nas áreas da Arqueoloxía, Prehistoria e Historia Antiga:

  • Facebook Clean Grey
  • Google+ Clean Gris
  • Twitter limpio gris

Únete a nós en/Únete a nosotros en/Join us on:

Facultade de Xeografía e Historia,
Praza da Universidade, Nº 1

15782

Santiago de Compostela, A Coruña

 

¡Tus datos se enviaron con éxito!

bottom of page