top of page
EINIACA
Encontro Internacional de Novos Investigadores de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade
A asociación ARCIAN dávos a benvida ao noso primeiro congreso EINIACA, que terá lugar na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) os días 10, 11 e 12 de xuño de 2015. Neste encontro preténdese a interacción entre os novos investigadores, que mediante a posta en común das súas dificultades e obstáculos, poidan alcanzar solucións e outras vías de estudo que permitan o seu enriquecemento académico. Así pois, ARCIAN anima a tódolos que se atopen na súa etapa de investigación inicial a participar neste encontro.
Ante calquera dúbida, por favor, no dubiden en contactar connosco mediante o correo electrónico asoc.arq.ccaa@gmail.com.
¡MOITAS GRAZAS!

bottom of page